InicioEconomíaStellantis Vigo volve cancelar a actividade do seu sistema 1, que parará...

Stellantis Vigo volve cancelar a actividade do seu sistema 1, que parará ata despois de Semana Santa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo automobilístico Stellantis volveu a alterar a actividade da súa factoría viguesa pola falta de subministracións, cancelando a produción no seu sistema 1 a partir da quenda de noite deste venres, 8 de abril, e cancelando todas as quendas de traballo dos días 11, 12 e 13.

Así o anunciou a compañía aos representantes dos traballadores, indicando que ata o vindeiro luns, 18 de abril, ás 06,00 horas, a liña 1 da fábrica de Balaídos, onde se ensamblan os Peugeot 2008 e 301 e os Citroën C-Elysée, non operará.

Pola súa banda, o sistema 2, que monta as furgonetas das diferentes marcas do consorcio, renovará a súa actividade o luns 11 de abril ás 14,00 horas. Ademais, o pre-arranque e enchido de encursos en Ferraxe e Pintura farase durante a quenda de mañá do mesmo día. A previsión actual é realizar a actividade, segundo programa, durante o resto da semana.

Este parón súmase aos acumulados por Stellantis Vigo nos últimos meses debido á chamada crise dos microchips, que a guerra de Ucraína empeorou xa que a compañía automobilística tivo problemas para obter outro tipo de pezas necesarias para a construción dos seus vehículos.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...