InicioEconomíaA Xunta critica que o Concello de Vigo ten sen executar máis...

A Xunta critica que o Concello de Vigo ten sen executar máis de 6 millóns destinados a rehabilitacións urbanas

Son cartos destinados á recupereación do oito áreas de rehabilitación integral (ARI) da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, lembrou este luns ao Concello da cidade que, a día de hoxe, están sen executar máis de 6 millóns de euros destinados á recupereación do oito áreas de rehabilitación integral (ARI) da cidade.

Segundo apuntou, neste momento os convenios en Vigo suman un total de 8 millóns de euros, dos que 6 están pendentes de executar. Por tanto, “só unha cuarta parte (dos fondos) foron efectivos”.

Marta Fernández-Tapias sinalou que as ARI de Vigo foron “as máis beneficiadas” na asignación feita pola Xunta en 2021, con máis de 2 millóns de euros. Ademais, o ano pasado a administración autonómica deu luz verde á declaración doutras catro áreas de rehabilitación: Beiramar, San Pablo, San Roque e Espiñeiro-Teis.

No caso dos concellos que teñen máis dunha ARI, como é o caso de Vigo, son os concellos os encargados de distribuír os fondos entre as diferentes áreas. Así mesmo, deben regular os prazos para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas interesados na súa rehabilitación.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...