A exposición en homenaxe a Antonio Palacios despídese este domingo do Museo do Mar

Acumulou 10.000 visitas na súa estadía en Vigo.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodriguez, na inauguración da exposición sobre o arquitecto Antonio Palacios no Museo do Mar de Vigo / XUNTA

A exposición ‘Antonio Palacios. Soños de modernidade, compromiso con Galicia’ impulsada pola Xunta en homenaxe ao urbanista e arquitecto galego despídese este domingo, día 3 de abril, do Museo do Mar de Galicia tras recibir case 10.000 visitas. A mostra chegou a Vigo o pasado mes de novembro e foi prorrogada dous meses en resposta ao elevado interese que espertou no público, segundo recolle o Goberno galego nun comunicado.

Os datos de afluencia recollen que máis de 1.000 escolares participaron na programación especial deseñada para centros educativos e que acudiron a coñecela. O museo tamén organizou visitas guiadas ao longo da semana, nas que tamén se pode participar este sábado e domingo ás 12,30 e ás 18,30 horas, con inscrición previa.