InicioEconomíaVitrasa e comité non chegan a acordo sobre as rebaixas salariais do...

Vitrasa e comité non chegan a acordo sobre as rebaixas salariais do persoal

O comité rexeita as medidas e a empresa aduce perdas de 14 millóns e ve aos sindicatos "desconectados" da realidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O período de consultas sobre a inaplicación do convenio na empresa concesionaria do bus urbano de Vigo, Vitrasa, finalizou sen acordo entre empresa e comité, polo que, se non se chega a unha solución antes mediante os mecanismos extraxudiciais previstos, o conflito deberá ser dilucidado pola Comisión Tripartita Galega para a inaplicación de convenios colectivos.

Vitrasa lamentou que os sindicatos non aceptasen as medidas propostas, a pesar de ofrecerlles a posibilidade de compensar o persoal cando mellore a situación ou dunha “menor intensidade” nesas medidas a aplicar. Así mesmo, criticou que non fixesen “nin unha soa oferta” nin mostrasen intención de buscar acordos.

A concesionaria apuntou que a posición do comité demostra “a súa desconexión coa realidade” e mesmo censurou o seu “desinterese pola supervivencia de Vitrasa”, chegando a negar as perdas da concesionaria derivadas da notable caída de viaxeiros desde o inicio da pandemia.

A empresa sinalou que, entre 2020 e 2021, houbo un descenso de 16 millóns de viaxeiros, e que a súa situación é “extrema”, cunhas perdas de 14 millóns de euros. Por iso, xustificou, é necesario tomar “medidas temporais” para conter custos e garantir a supervivencia da empresa e o mantemento do emprego.

REXEITAMENTO DO COMITÉ

Os sindicatos pola súa banda rexeitaron o ‘descolgue salarial’ exposto pola empresa, que contemplaba inicialmente rebaixas nas nóminas dun 30 % este ano e de polo menos un 14 % o ano próximo, así como un incremento nas horas da xornada anual.

O comité subliñou en varias ocasións que a empresa foi compensada polo Concello e pola administración central, e que, se non se ve capaz de prestar o servizo, debe abandonar a concesión. De feito, denunciaron que a documentación económica presentada por Vitrasa reflicte un avultado patrimonio e ausencia de tensións de tesouraría que poñan en risco a sociedade, polo que concluíron que “pretende garantir os seus beneficios á conta dos vigueses”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...