InicioCulturaPreto de mil bailaríns participarán no 10º aniversario de Vigo Porté

Preto de mil bailaríns participarán no 10º aniversario de Vigo Porté

O tema 'Terra' de Tanxugueiras será a banda sonora do evento, e o 1 de maio o grupo actuará en directo na gala de peche.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Uns mil bailaríns participarán no 10º aniversario de Vigo Porté, que terá lugar no auditorio Mar de Vigo os días 29 e 30 de abril e 1 de maio, onde as escolas de baile participantes competirán por facerse cos primeiros premios da segunda edición do Trofeo de Baile Internacional presencial ‘Vigo Xacobeo 21-22’.

Así o puxo de manifesto a directora do evento Lorena López, quen asegurou estar “inmensamente feliz” de poder volver reunir mil bailaríns para celebrar unha edición “moi especial”. “É unha honra chegar ata aquí, conseguir poñer en valor a danza aos niveis á que a puxemos e a Vigo como epicentro do baile. Neste dez anos vimos máis de mil coreografías, 8.000 bailaríns e 300 escolas de danza. A edición deste ano vai ser a máis especial ata o momento e estamos a traballar para que non deixe indiferente a ninguén”, reivindicou López.

Pola súa banda, Javier Castillo ‘Poty’, presentador e presidente do xurado, asegurou que Vigo Porté é o evento de baile máis importante a nivel europeo e un referente no mundo da danza. “Ano tras ano a calidade das coreografías non deixa de sorprendernos e estou seguro de que este ano vai ser brutal”, reivindicou ‘Poty’, que capitaneará unha vez máis un xurado formado por, entre outros, Angel Lara, Arantxa Carmona ou Christian Sánchez.

Vigo Porté celebrará o seu décimo aniversario da man da Xunta de Galicia e coa colaboración de Xacobeo 21-22. Neste sentido, a delegada do Goberno galego en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou a proxección internacional do evento e a calidade artística e profesional dos bailaríns que participan nel.

Entre as novidades, o tema ‘Terra’ de Tanxugueiras será a banda sonora de Vigo Porté, polo que o 1 de maio o grupo galego actuará en directo na gala de peche do evento.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...