InicioSociedadeO TSXG ratifica a condena de dous anos e medio de cárcere...

O TSXG ratifica a condena de dous anos e medio de cárcere a un home por abusar sexualmente dun menor en Vigo

Fiscalía accedeu a rebaixar a pena solicitada ao considerar que os feitos eran constitutivos dun delito de abuso sexual e non de agresión sexual, como foi acusado inicialmente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou a condena de dous anos e medio de cárcere imposto a un home por abusar sexualmente dun menor de idade nun parque de Vigo en xuño de 2018. Nun auto datado o pasado 22 de marzo, a Sala do Civil e Penal do alto tribunal galego desestima o recurso presentado pola defensa á sentenza emitida tras o xuízo, celebrado na sección quinta da Audiencia de Pontevedra en novembro do pasado ano.

Durante a vista, Fiscalía accedeu a rebaixar a pena solicitada de seis a catro anos de prisión para o acusado, ao considerar que os feitos eran constitutivos dun delito de abuso sexual e non de agresión sexual, como foi acusado inicialmente. O Ministerio Público modificou a súa petición ao entender que na versión ofrecida pola vítima non había referencias a que fose agarrada para trasladala a outro lugar ou que a ameazase.

Agora, o TSXG tomba o recurso presentado pola defensa do acusado, que alegaba razóns de saúde mental e de erros na apreciación de probas durante a vista para pedir a anulación do fallo. Contra esta resolución cabe recurso de casación ante o Supremo.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...