InicioVigo e contornaVigoO dardo de Abel Caballero a Feijóo: "é difícil que apareza algo...

O dardo de Abel Caballero a Feijóo: “é difícil que apareza algo peor”

O rexedor ve "incompatible" ser titular do Executivo autonómico e líder da oposición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, instou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a priorizar a defensa de Galicia fronte ao seu futuro papel como líder da oposición “mentres sexa presidente da Xunta”. Nunha entrevista concedida este domingo a Cadena Ser Galicia, recollida por Europa Press, Caballero sinalou que é “incompatible” ser titular do Executivo autonómico e líder da oposición, xa que a Comunidade “corre o risco de non ser atendida como debe”. “Que criterios vai seguir, por exemplo, para defender o financiamento autonómico, o de Galicia ou o de Valencia?”, preguntou o alcalde.

Abel Caballero afeou ademais as declaracións de Núñez Feijóo nas que asegura que o Goberno central “se forra” cos impostos dos españois. “Pero se os impostos que pide baixar recíbenos as Autonomías. A min nunca se me ocorrería dicir que Feijóo se forra co céntimo sanitario”, censurou.

Sobre a súa marcha, o rexedor recoñeceu que é un proceso “que necesita tempo” e apuntou que “respecta” os procesos internos, pero destacou que deixa Galicia “peor que cando chegou”. “Para Vigo non é malo que marche, é difícil que apareza algo peor. Espero que o que o suceda comprenda a importancia desta cidade, motor económico, e que quere ser motor político”, explicou.

O alcalde aseverou ademais que, máis aló de que Núñez Feijóo se marchase ou non, “o próximo presidente da Xunta vai ser socialista”, para o que el ofrece “o modelo Vigo”. Sobre isto, mostrou “todo o seu apoio” ao secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso.

 

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...