InicioEconomíaA asemblea de traballadores de Nueva Pescanova ratifica o preacordo sobre subas...

A asemblea de traballadores de Nueva Pescanova ratifica o preacordo sobre subas salariais

O acordo establece un incremento total dun 9 % ao longo dos catro anos de vixencia do convenio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea de traballadores do grupo Nueva Pescanova ratificou nas últimas horas o preacordo pactado entre a empresa e a parte social para subir os salarios no novo convenio, que terá unha vixencia de catro anos.

Así, a CIG sinala que a “práctica totalidade” dos asistentes á asemblea, celebrada o domingo no centro sociocultural de Valadares, deu luz verde a ese preacordo, que “establece un incremento total dun 9 %” ao longo dos catro anos de vixencia do acordo. A partir de agora, cada centro de traballo do grupo multinacional deberá aprobar en asemblea os seus convenios colectivos.

O preacordo salarial foi alcanzado o pasado 24 de xaneiro despois de meses de negociación e supuxo a suspensión dos paros convocados para finais de xaneiro. En virtude do pactado, a empresa pagará un 2,5 % de atrasos por todo o ano 2021, máis o 2,5 % de incremento correspondente ao ano 2022. A maiores, Nueva Pescanova abonará unha paga única de 350 euros a todo o persoal, independentemente da súa xornada laboral.

Segundo a CIG, “a suba directa total para os catro anos supera o 9 %”, cun incremento do 2,5 % correspondente a 2021, unha suba do 2,5 % do ano 2022, unha do 2 % para 2023 e unha doutro 2 % en 2024. Se a suma dos aumentos entre 2022 e 2024 fose inferior á suma do IPC deses anos, pagarase o 75 % desa diferenza.

Os sindicatos destacaron que este preacordo foi froito da “unidade” do persoal nas súas demandas, e dos representantes dos traballadores nos diferentes comités de empresa do grupo.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...