InicioEconomíaCírculo de Empresarios de Galicia e Club Financeiro de Vigo poñen fin...

Círculo de Empresarios de Galicia e Club Financeiro de Vigo poñen fin ao seu “litixio” cun acordo societario

O acordo supón a aceptación por parte do Club Financeiro de Vigo S.A. dunhas condicións económicas "por baixo do seu valor real".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Manuel Rodríguez, e o Club Financeiro de Vigo S.A., representado por José Manuel Fernández Alvariño, alcanzaron un acordo societario de transmisión de accións que pon fin ás diferentes de criterio que ambas as entidades mantiñan sobre o activo inmobiliario onde o Círculo desenvolve a súa actividade, que é propiedade do Club Financeiro.

Tal como indicaron nun comunicado conxunto, este acordo pon fin a un “litixio” de varios anos e foi posible grazas á vontade de ambas as partes para que o Círculo de Empresarios de Galicia continúe sendo a entidade de referencia para os empresarios galegos, garantindo así a súa estabilidade e o seu futuro como “ámbito de diálogo, formación, relación e participación empresarial”.

O acordo supón a aceptación por parte do Club Financeiro de Vigo dunhas condicións económicas “por baixo do seu valor real”, o que Fernández Alvariño realiza “polo agarimo e o ben do Círculo” que fundou xunto ao seu pai. Tamén indicou que continuará apoiando o Círculo.

Pola súa banda, Rodríguez celebrou o acordo “que requiriu da xenerosidade de José Manuel Fernández Alvariño e o seu recoñecido amor ao proxecto que fundou xunto ao seu pai”.

O Club Financeiro de Vigo S.A. naceu xunto á Asociación Club Financeiro de Vigo, que cambiou a súa denominación a Círculo de Empresarios de Galicia hai cinco anos, ante o interese de numerosos empresarios de Galicia de sentirse representados.

ÚLTIMAS

A Policía Local de Vigo corta a rúa Santa Tegra en Teis polo risco de derrube dunha fachada

A Policía Local de Vigo cortou á circulación un tramo da rúa Santa Tegra,...

Piden cárcere para un vigués acusado de alzamento ao renunciar á súa herdanza

A sección do Penal do Tribunal de Instancia, praza 1 de Vigo, acollerá este...

Vigo desembarca en Fitur co lema ‘Un Nadal de 365 días’ e a aposta por converterse nun gran plató de cinema

A cidade de Vigo presentará a súa oferta turística en Fitur este xoves, baixo...

As PAC de Vigo atenderon máis de 14.500 urxencias durante o Nadal

Os puntos de atención continuada (PAC) da área sanitaria de Vigo atenderon un total...