InicioSociedadeA Policía Local de Vigo corta a rúa Santa Tegra en Teis...

A Policía Local de Vigo corta a rúa Santa Tegra en Teis polo risco de derrube dunha fachada

O inmoble afectado presenta a estrutura desprazada a causa dunhas obras próximas e o Concello confirma que a súa demolición será inminente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo cortou á circulación un tramo da rúa Santa Tegra, no barrio de Teis, debido ao risco de derrube dunha fachada, segundo confirmaron fontes do Concello. O edificio afectado, de baixo e primeiro piso, sitúase no número 49 da rúa, e presenta a fachada desprazada debido á afectación por unhas obras próximas. Ata o punto desprazáronse ao mediodía deste luns efectivos de bombeiros de Vigo, para verificar a estabilidade e seguridade estrutural do inmoble.

Para garantir a seguridade, estableceuse un perímetro de seguridade con valos, e cortouse o tráfico rodado no tramo de rúa afectado, ademais de sinalizar e asegurar a zona. Fontes municipais trasladaron que xa existe unha empresa contratada para a demolición do inmoble, unha demolición que é “inminente“. Con todo, persoal do servizo de Urbanismo desprazarase á zona “o máis axiña posible” para realizar unha nova inspección.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...