InicioSociedadeAs PAC de Vigo atenderon máis de 14.500 urxencias durante o Nadal

As PAC de Vigo atenderon máis de 14.500 urxencias durante o Nadal

O Sergas destaca que a presión asistencial se intensificou pola coincidencia co pico da gripe, rexistrando o centro de Vigo máis de 4.000 atencións nestas datas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os puntos de atención continuada (PAC) da área sanitaria de Vigo atenderon un total de 14.579 urxencias entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro, cun nivel de resolución media do 90 %. Segundo informou o Sergas, a PAC con maior actividade nestas datas foi a de Vigo, con 4.064 urxencias atendidas, seguida polas do Porriño (1.681), Ponteareas (1.575), Cangas-Moaña (1.538) e Val Miñor (1.531). Este período de Nadal destaca por ser un dos de maior presión asistencial, unha situación que neste exercicio 2025-2026 se viu intensificada pola coincidencia co momento de maior expansión da gripe.

Neste sentido, na PAC de Vigo as xornadas con máis afluencia de todo o ano concentráronse nestas festas, destacando o 28 de decembro con 449 urxencias, o 27 de decembro con 438 e o 5 de xaneiro con 431 atencións. Se analizamos o conxunto do ano 2025, os nove centros da área viguesa rexistraron un total de 285.629 atencións, das cales 73.741 corresponderon unicamente á PAC da cidade olívica.

O Sergas puxo en valor a “alta capacidade resolutiva” da Atención Primaria e dos seus profesionais ao dar resposta autónoma á práctica totalidade das urxencias sen necesidade de derivar aos pacientes ao ámbito hospitalario. Respecto diso, Sanidade informou de que a porcentaxe de derivación a hospitais desde as PAC da área viguesa sitúase nunha media de tan só o 10 %. Igualmente, destacouse o papel fundamental da rede de centros de saúde para facer fronte a este “esixente período” e subliñouse que a actividade puido resolverse grazas ao esforzo dos profesionais e á solidez da rede de Atención Primaria.

ÚLTIMAS

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...