InicioVigo e contornaVigoPrisión comunicada e sen fianza para o detido pola malleira a dous...

Prisión comunicada e sen fianza para o detido pola malleira a dous mozos en Vigo

O segundo agresor permanece á fuga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Vigo acordou o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza para o detido pola brutal malleira a dous mozos de 20 e 21 anos na madrugada do pasado domingo na cidade. Todo iso despois de que a Policía Nacional arrestase o martes a un dos autores da agresión, que non pasou a disposición xudicial ata este xoves, mentres que aínda continúa a procura do outro agresor.

Así, o home está a ser investigado por un presunto delito de lesións e outro de tentativa de homicidio, polo que foi enviado a prisión polo xulgado vigués. Tal como informaron fontes policiais a Europa Press, os feitos sucederon sobre as 5 da madrugada do día 30 de xaneiro, cando dous mozos tiveron que ser hospitalizados tras recibir unha malleira na rúa María Berdiales de Vigo.

Cando os axentes chegaron ao lugar, atopáronse con dous mozos de 20 e 21 anos, vítimas da malleira, un deles coa cara ensanguentada e o outro seminconsciente. Pola súa banda, os agresores fuxiran á carreira. A partir de aí, estableceuse un dispositivo de procura conxunta entre a Policía Local e a Nacional, achando a un dos agresores o pasado martes, que pasou este xoves a disposición xudicial, sendo enviado a prisión.

ÚLTIMAS

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...