InicioVigo e contornaVigoDetido un home en Vigo por outro delito de violencia de xénero

Detido un home en Vigo por outro delito de violencia de xénero

O detido tivera unha orde de afastamento pero esta xa caducara.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home, J.M.P., natural de Ourense e de 42 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras ameazar á súa exparella e golpeara porta da súa vivenda. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste martes, cando unha dotación do 092 acudiu a unha vivenda da rúa Camiño da Taberna, alertada por unha testemuña que informaba da presenza dun home en actitude agresiva golpeando a porta da casa da súa exparella.

Cando os axentes chegaron, atopáronse ao sospeitoso tombado nun sofá na entrada traseira da vivenda, rodeado de obxectos que estaban tirados no chan. Ao entrevistarse coa muller, esta relatou aos policías que mantivera unha relación sentimental co home, ata o ano 2020, momento en que rompeu esa relación como consecuencia dun episodio de ameazas. Naquel momento, tras a pertinente denuncia, foi emitida unha orde de afastamento de 8 meses.

Ao finalizar a vixencia desa medida ambos retomaron a relación, pero ultimamente estaban a ter problemas pola actitude agresiva do home, que ese mesmo día ameazáraa de gravidade. Por estes feitos, os axentes procederon á súa detención como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...