InicioEconomíaO Porto de Vigo quere ser escala "de excelencia" para o tráfico...

O Porto de Vigo quere ser escala “de excelencia” para o tráfico de cruceiros

Para este ano, o Porto de Vigo espera a chegada de ao redor de 90 cruceiros e uns 175.000 pasaxeiros, aínda que sempre tendo en conta que estas cifras poden variar en función de como avance a pandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo reuniu este martes aos integrantes do grupo de traballo de Turismo de Cruceiros co obxectivo de facer da cidade un destino preferido polos visitantes, así como consolidala como unha escala “de excelencia” para as navieras e asegurar unha oferta “ben difundida, diversa e adaptada” aos usuarios.

A sesión foi inaugurada polo máximo responsable portuario, Jesús Vázquez Almuiña, e contou con representantes dos principais axentes involucrados no tráfico de cruceristas, como a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, ambas as de forma telemática, así como responsables de Sanidade Exterior, do Servizo Galego de Saúde (Sergas), da Policía Nacional ou da Garda Civil, entre outros.

Para Vázquez Almuiña, o tráfico de cruceiros é unha actividade “fundamental” para o turismo de Galicia e, neste sentido, recoñeceu o labor levado a cabo tanto por Sanidade Exterior como pola súa homóloga en Galicia que “souberon coordinarse desde o primeiro momento“.

“É o momento de mirar cara a adiante e de ser optimistas e aproveitar todas as sinerxías posibles para situar a Vigo nun lugar privilexiado”, reivindicou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, quen tamén asistiu á reunión.

Para este ano, o Porto de Vigo espera a chegada de ao redor de 90 cruceiros e uns 175.000 pasaxeiros, aínda que sempre tendo en conta que estas cifras poden variar en función de como avance a pandemia.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...