InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero ficha a dúas xornalistas viguesas para o acto de Fitur

Abel Caballero ficha a dúas xornalistas viguesas para o acto de Fitur

Contará con Paula Montes e Alba Lago, esta última de Informativos Telecinco.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O acto de presentación da oferta turística de Vigo en Fitur 2022 contará coa presenza das xornalistas viguesas Paula Montes (TeleVigo e RadioVigo-Cadea Ser) e Alba Lago (Informativos Telecinco), segundo avanzou este martes o alcalde da cidade, Abel Caballero.

A dous días de que se celebre ese acto, o rexedor olívico segue desvelando detalles da presentación, que terá lugar ás 16,00 horas do xoves na caseta de Turespaña. Así, baixo a lema ‘Vigo’, o mundo na cidade, daranse a coñecer os principais atractivos da urbe sobre dúas ideas centrais: o Nadal e a candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade.

Na súa rolda de prensa deste martes, o alcalde insistiu en que a cidade se presentará “na máis importante caseta” de Fitur, o de Turespaña, fronte a anos anteriores nos que a oferta turística viguesa sempre se presentou no espazo reservado pola Xunta. De feito, o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra foron as únicas institucións que rexeitaron este ano utilizar esa caseta de Galicia.

Abel Caballero explicou que este xoves se proxectará un vídeo dun catro minutos e medio nun acto conducido pola xornalista Paula Montes, e no que tamén participará Alba Lago, “unha muller nova, gran profesional da comunicación” que traballa en Telecinco e que é viguesa. O alcalde volveu a insistir na gran proxección que teñen tanto o Nadal de Vigo, con actos de aceso e apagado vistos a través dos medios “por toda España”; como as illas Cíes, que agora contan co “soporte extraordinario” de figurar nunha lista de destinos para 2022 publicada por The New York Times.

ÚLTIMAS

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...