InicioEconomíaConvocan para marzo aos propietarios dos terreos afectados polas obras da estrada...

Convocan para marzo aos propietarios dos terreos afectados polas obras da estrada Vigo-Gondomar

Segundo a Xunta de Galicia, esta intervención suporá un investimento de 1,8 millóns de euros, tendo en conta o pago dos terreos necesarios para a execución da actuación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia convocou para marzo e maio aos propietarios dos terreos afectados polas obras de mellora da seguridade na PO-330 que une Vigo con Vincios (Gondomar), en concreto nas zonas de Valladares e Pereiró.

Tal como indicou o Executivo galego, esta intervención suporá un investimento de 1,8 millóns de euros, tendo en conta o pago dos terreos necesarios para a execución da actuación. As obras foron licitadas o pasado mes de novembro e iniciaranse na primavera, cun prazo de execución de 10 meses.

Así, os actos para o levantamento das actas previas á ocupación terán lugar entre o 7 e o 8 de marzo en Vigo. A formalización das actas levará a cabo entre o 10 e o 11 de maio.

Esta intervención ten como obxectivo desenvolver un conxunto de actuacións integrais ao longo de case 7 quilómetros da vía autonómica na procura do reforzo da seguridade viaria e a mellora da accesibilidade nestes núcleos para evitar un tramo de concentración de accidentes.

A actuación inclúe a eliminación dun tramo identificado como de concentración de accidentes, situado no a parroquia viguesa de Valladares, mediante a creación dun carril central de espera que resolva de forma segura o acceso ao colexio Andersen.

Tamén se executarán dúas novas rotondas de 28 metros de diámetro, unha delas para mellorar o acceso á piscina municipal e ao pavillón de Valladares, e outra no Alto da Garrida, na intersección coa estrada A Garrida-Valladares (no cruzamento da farmacia), que mellorará a seguridade viaria do devandito cruzamento.

Pola súa banda, en Pereiró os traballos prevén a urbanización do primeiro tramo de 450 metros da vía, ata a rotonda que está fronte ao cemiterio.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...