InicioVigo e contornaVigoCaballero insiste en que a Xunta obstaculiza a candidatura das Cíes ao...

Caballero insiste en que a Xunta obstaculiza a candidatura das Cíes ao Patrimonio da Humanidade

O rexedor acusa a Feijóo de insultar" a Vigo.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir este mércores en que a Xunta de Galicia está “a obstaculizar” que as Illas Cíes sexan recoñecidas como Patrimonio da Humanidade pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco).

En rolda de prensa, Caballero pediu ao Goberno autonómico que retire “de forma inmediata” a candidatura do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Illas Cíes, Illa de Ons, Illa de Sálvora e Illa de Cortegada) para ser Patrimonio da Humanidade porque, ao seu xuízo, a candidatura “gañadora” é a de Cíes. “Son a xoia da coroa. As nenas dos nosos ollos”, engadiu o alcalde.

“A Xunta está a obstaculizar e facendo imposible que as fagamos Patrimonio da Humanidade”, lamentou. Todo iso despois de que a Illa Cíes saísen no ‘The New York Times’ como un dos mellores destinos turísticos para visitar en 2022.

ATAQUES Á XUNTA

Na rolda de prensa de Abel Caballero houbo máis ataques á Xunta. Así, o alcalde asegurou que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, está “a insultar” a Vigo ao impedir que se instale na cidade unha biblioteca do Estado. Segundo as súas palabras, o Estado quere e a cidade tamén, “pero a Xunta non”. “Eu pídolle explicacións ao presidente”, reivindicou Caballero, que explicou que este centro estaría financiado polo Goberno central.

Entre outros temas, Abel Caballero indicou que na xunta de goberno local deste xoves tratarase o proxecto de urbanización do polígono V do PEPRI de Bouzas, que permitirá a creación de ata 27 vivendas. Ademais, contará cunha praza pública e a posibilidade de pór en marcha un aparcadoiro en réxime de concesión.

Por iso, Caballero aproveitou para atacar novamente á Xunta, sinalando que dos 47,6 millóns que o Goberno central concedeulle para garantir o acceso a unha vivenda digna aos cidadáns, o Executivo galego só gastou 17,7 millóns. “Deixaron o 60% sen executar e hai máis de 5.500 vigueses que demandan vivenda”, criticou o alcalde.

Así mesmo, Caballero lembrou que este domingo, día 16 de xaneiro, levará a cabo o acto oficial de apagado das luces de Nadal de Vigo, polo que a final de semana informarase as medidas e os aforamentos máximas que se permitirán na zona de Policarpo Sanz onde está situado a árbore.

ÚLTIMAS

Rueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en Galicia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este venres a importancia de...

Miguel Martín asume a portavocía do grupo municipal do PP en Vigo, tras a saída de Fernández-Tapias

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo designou a Miguel Martín como...

Máis de 30 marcas de coches reuniranse na 33ª edición do Salón do Automóbil, que arrinca o mércores

Máis de 30 marcas de coches e 15 de motocicletas reuniranse na 33ª edición...

Decretado o ingreso en prisión do home detido pola súa suposta vinculación co crime da maleta

O maxistrado do xulgado de instrución número 4 de Vigo acordou este venres o...