InicioEconomíaO Concello de Vigo tampouco presentará a súa oferta na caseta da...

O Concello de Vigo tampouco presentará a súa oferta na caseta da Xunta en Fitur

Apoia así a decisión da Deputación de Pontevedra de non colocarse no stand de Galicia en Fitur.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo tampouco presentará a súa oferta turística na caseta da Xunta en Fitur (Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 19 ao 23 de xaneiro), e farao no espazo de Turespaña, nun acto que terá lugar o xoves á primeira hora da tarde, e que contará coa presenza da ministra Reyes Maroto.

Así o avanzou o alcalde da cidade, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que confirmou que o acto de presentación terá lugar ás 16,00 horas, e na caseta de Turespaña, ao contrario que nos últimos anos, nos que a presentación se fixo no espazo reservado pola administración galega.

Cuestionado acerca deste cambio, e tendo en conta que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tamén anunciou hai unhas horas que a institución provincial estará en Fitur nun espazo propio e non na caseta da Xunta, Abel Caballero limitouse a sinalar que “Vigo está en España” e, ao presentarse no espazo do Goberno “ocupa o lugar que lle corresponde”, no “lugar central da atención en Fitur”, xa que “se está convertendo nun emblema turístico en todo o mundo”.

O rexedor sinalou que, o vindeiro xoves, presentarase a oferta de Vigo deseñada como un “proxecto global” de “ámbito mundial” que pivota, entre outros atractivos, sobre eventos como o Nadal, “a máis importante do planeta”, ou as illas Cíes, que “serán Patrimonio da Humanidade”.

ÚLTIMAS

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...

Un camión que atravesou a mediana provocou colas quilométricas na AP-9 en Vigo

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras saírse da vía un...