InicioSociedadeO aeroporto de Vigo, inoperativo por unha focha de sete metros de...

O aeroporto de Vigo, inoperativo por unha focha de sete metros de lonxitude no medio da pista

Algunhas compañías optaron por desviar os seus voos ao aeroporto de Santiago de Compostela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Peinador, en Vigo, inoperativo por unha focha na pista, que obrigou a cancelar voos durante todo o fin de semana, podería reabrir o vindeiro luns, segundo confirmou a Delegación do Goberno en Pontevedra.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, desprazouse este venres ao aeroporto para coñecer o estado das actuacións xa iniciadas para a reparación da pista. Larriba confirmou a información ofrecida por Aena, que explicaba nas súas redes sociais que os traballos os levará a cabo a empresa Francisco Gómez e Cía, “que xa puxo en marcha as súas dúas plantas de conglomerado asfáltico quente de Santiago para empezar coa reparación canto antes”.

A focha, sinalou a Delegación do Goberno, mide aproximadamente sete metros de lonxitude e dúas de amplitude e está situado a 200 metros do limiar da cabeceira 19 da pista.

Segundo explicou a representante do Executivo en Galicia, foi detectado este xoves nunha revisión rutineira levada a cabo por operarios do aeroporto. “Nun primeiro momento, a focha era de pequenas dimensións e non comprometía a seguridade das operacións. No entanto, monitorouse o seu estado mediante revisións tras cada operación de chegada e saída”.

O venres pola mañá, tras unha revisión, detectouse un aumento “considerable” das dimensións do buraco e pechouse inmediatamente a pista. Mentres tanto, Aena explica que serán as propias aerolíneas con voos afectados as que decidan que facer cos seus pasaxeiros: cancelar ou reprogramar os voos desde outros aeroportos.

Algunhas compañías optaron por desviar os seus voos ao aeroporto de Santiago de Compostela, onde xa se deixou notar un maior tráfico. Algunhas delas foron Binter Canarias –concretamente un procedente de Tenerife norte–, Iberia –desde Madrid– ou Ryanair –un voo procedente de Barcelona–.

Moitos foron os pasaxeiros que mostraron en redes sociais o seu descontento pola confusión e falta de información tanto por parte de Aena como por parte das propias aerolíneas.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...