InicioPolíticaFernández-Tapias propón a Guerra unha candidatura de "integración" e ofrécelle a vicepresidencia...

Fernández-Tapias propón a Guerra unha candidatura de “integración” e ofrécelle a vicepresidencia do PP de Vigo

Di estar disposta a reservar oito postos de 20 da Executiva á candidatura 'rival'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata a presidir o PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, ofreceu ao seu opoñente no Congreso Local (que se celebrará o 18 de decembro), Javier Guerra, a configuración dunha candidatura “de integración”, na que se reservarían 8 dos 20 postos da Executiva para xente do equipo do exconselleiro e senador e, para el, o posto de vicepresidente.

Fernández-Tapias deu a coñecer nas últimas horas unha ducia de nomes que forman parte da súa proposta para a nova Executiva do partido en Vigo, entre os que están o exalcalde, Manuel Pérez; a exconcelleira Teresa Cendón; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; os directores xerais da Xunta Natalia Prieto e Fernando González Abeijón; o empresario Alejandro Outerelo; ou o secretario xeral da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes.

A candidata trasladou, así mesmo, a súa disposición a reservar oito dos postos desa candidatura a persoas da candidatura ‘rival’, de cara a unha integración de ambos os equipos antes da celebración do conclave local. Así mesmo, puxo sobre a mesa a posibilidade de que Javier Guerra sexa, nesa lista, o candidato á vicepresidencia do PP vigués.

A oferta non recibiu resposta aínda por parte da candidatura de Guerra que, o día que presentou os avais que o confirmaron como aspirante a presidir o PP da cidade, sinalou que o seu equipo ten “en mente” todo “o que sexa bo” para o partido. “Se é bo, se estamos de acordo, iremos adiante conxuntamente”, chegou a declarar.

TENSIÓN E REPROCHES

No entanto, as últimas semanas previas ao Congreso Local non estiveron marcadas precisamente pola concordia, e é que xa antes de que se formalizasen as candidaturas, o Comité Organizador (COC) do conclave emitiu un comunicado no que apuntaba a Javier Guerra e a xente da súa contorna por tentar levar a cabo máis de trinta afiliacións supostamente irregulares.

Guerra sempre negou esas prácticas, e lamentou a falta de “imparcialidade” do COC, ao que acusou de pretender influír no resultado do Congreso, e de pór obstáculos á participación da militancia na cita do 18 de decembro.

Fronte ao comunicado do COC, a candidatura de Fernández-Tapias reclamou explicacións aos seus opoñentes, aos que acusou de tentar “facer trampas” e “manobras na sombra”.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...