InicioPolíticaCaballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

Pídelle unha nova presa no río Oitavén

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez, para solicitarlle, “de forma amistosa”, a construción dunha nova presa no río Oitavén, augas arriba do encoro de Eiras.  Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor tendeulle a man a Vázquez, confiando en que o novo responsable de Medio Ambiente entenda a “necesidade imperiosa” que ten Vigo desta nova presa.

O alcalde lamentou a “severísima seca” que vive a cidade nas últimas semanas, co encoro de Eiras ao 36% da súa capacidade, aínda que reiterou que a auga que chega ás billas dos vigueses é de “magnífica calidade” grazas á nova potabilizadora. Abel Caballero asegurou que hai anos se asinou un acordo precisamente entre a Xunta, o Goberno e o Concello para a construción da devandita presa, e lembrou que o Executivo autonómico debería asumir ese compromiso.

Subliñou a situación “complicada” que vive a cidade, que fornece auga a outras localidades próximas como Redondela, Mos ou Cangas grazas á nova potabilizadora.

ÚLTIMAS

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...

BNG e PP cargan contra os orzamentos de Caballero: menos investimentos e só 270.000 euros para vivenda

O proxecto de orzamentos municipais de Vigo para 2027 provocou este martes as críticas...