InicioVigo e contornaVigoGuerra e Fernández-Tapias arrincan a carreira para liderar o PP de Vigo

Guerra e Fernández-Tapias arrincan a carreira para liderar o PP de Vigo

O candidato volve criticar o sistema censal e as súas "limitacións".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do PP á presidencia do partido en Vigo, Javier Guerra anunciou este mércores que non se vai a conformar coa lexitimidade que lle outorgue “un censo coas limitacións coñecidas neste congreso”, e anunciou que, se é elixido, porá en marcha unha campaña de activación de afiliados e de fomento do rexistro de simpatizantes.

O obxectivo, expón nun comunicado, é “o de consolidar un partido forte para presentarse ante a cidadanía tras unha convención aberta que demostre a verdadeira dimensión do partido na cidade”. Javier Guerra indicou que comparte co resto da súa candidatura o “orgullo” de pertencer ao Partido Popular de Vigo e destaca que, para garantir uns bos resultados, é necesario “lograr unha maior atención e un mellor trato para a cidade por parte de todas as administracións”.

Pola súa banda, a tamén candidata Marta Fernández-Tapias apostou hoxe por dar máis voz e un maior protagonismo aos mozos na estrutura do partido, pois “o futuro é seu”, dixo. Ademais, volveu defender a necesidade de construír un PP que sexa un reflexo da sociedade, “onde a renovación e a xuventude atopan oco entre a preparación e a experiencia, buscando dentro e fóra das nosas filas”.

ÚLTIMAS

Un motorista morre nun accidente na Avenida do Aeroporto de Vigo

Un motorista faleceu na noite deste mércores en Vigo despois de sufrir un accidente...

Unha avaría eléctrica deixa sen luz uns 3.500 usuarios en Vigo

Unha avaría nunha liña eléctrica subterránea de media tensión provocou este xoves cortes na...

Aprazan o Celta-Osasuna ao 27 de agosto e levanta rebumbio

O RC Celta de Vigo informou do adiamento do seu partido ante o CA...

Falece un motorista nunha rotonda da Avenida do Aeroporto en Vigo

Un motorista perdeu a vida na noite deste pasado mércores en Vigo tras sufrir...