InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero celebra o recambio no PSdeG: "estase acertando de pleno"

Abel Caballero celebra o recambio no PSdeG: “estase acertando de pleno”

Carmela Silva amósase "moi honrada" de ser designada como presidenta do partido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, considerou que “se está acertando de pleno” coa composición dos novos órganos de dirección do PSdeG. “Estamos a iniciar unha etapa que terá que servir para a recuperación, e vista a marcha do congreso e das listas de hoxe, creo que se está acertando de pleno”, sostivo en declaracións aos medios durante a xornada de clausura do XIV Congreso Nacional do PSdeG.

Na súa intervención, Caballero felicitou ao novo secretario xeral polo traballo feito. “Primeiro como alcalde do seu municipio, como presidente da Deputación e agora sei que o vai a facer como secretario xeral do PSdeG”, manifestou. Ademais, cualificou de “fantástico” o nomeamento de Carmela Silva, de quen destacou a súa “gran experiencia política”.

Precisamente, a titular da Deputación de Pontevedra mostrouse moi “honrada” por ser designada como presidenta do PSdeG nunha executiva que ten por diante o unha “gran responsabilidade” para lograr o cambio “transcendental” que Galicia necesita Preguntada polas críticas de Gonzalo Caballero á falta de democracia interna tras vetarse as listas que impulsaban os seus afíns, Carmela Silva sostivo que este tipo de cuestións son “normais” nos congresos. “Mire en Vigo o PP a lea que ten”, sinalou para confiar en que do XIV Congreso salga un PSdeG centrado “no único que importa” que, segundo indicou, “son os galegos”. “O demais é simplemente ruído que pasará”, dixo.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...