InicioPolíticaJavier Guerra xustifica afiliacións ao PP de Vigo coa súa conta porque...

Javier Guerra xustifica afiliacións ao PP de Vigo coa súa conta porque son “familiares”

Javier Guerra alegou que as 19 solicitudes presentadas nos últimos días correspóndense con "familiares e achegados" seus, polo que non incorrería en ningunha irregularidade.

PUBLICADO O

O exconselleiro e senador Javier Guerra, que se postula como candidato ao congreso local do PP de Vigo no que se elixirá á próxima dirección do partido na cidade (o 18 de decembro), negou este martes que incorrese en ilegalidades ao facilitar unha conta bancaria ao seu nome para dar de alta no partido a 19 persoas.

A través dun comunicado, precisou que cumpriu co regulamento nesas solicitudes de afiliación, porque as normas do partido permiten o pago desde unha mesma conta bancaria de persoas afiliadas dunha mesma familia. Segundo Guerra, as 19 solicitudes presentadas nos últimos días correspóndense con “familiares e achegados” seus, polo que non incorrería en ningunha irregularidade.

Ademais, esas persoas, segundo as normas establecidas polo comité organizador do Congreso Local (COC) non poderían formar parte do censo de votantes, que se pechou cos afiliados que había o pasado 20 de xullo.

A candidatura de Guerra lamentou que o comité organizador “salta o seu compromiso de imparcialidade” cunhas acusacións que “pretenden con afectar os resultados, ao tentar desprestixiar a unha das candidaturas”.

“NADA QUE ESCONDER”

Non pode dar a sensación de que hai persoas que, desde fóra de Vigo, teñen medo aos votos dos afiliados vigueses e queren gañar nos despachos o que saben que non poden gañar nas urnas?Non nos van a amedrentar con ese tipo de acusacións, e nós non imos perder a lealdade ao partido. Non temos nada que esconder e os feitos cualifícanse por si sós”, trasladaron desde a contorna de Guerra nese comunicado.

Por outra banda, volveron a criticar que a organización do conclave non dea máis prazo aos militantes para porse ao día no pago das cotas, o que se traducirá en que “menos persoas” poderán votar o día 18 de decembro.

Ademais, tamén denunciaron que, no seu comunicado deste martes, o comité organizador, de forma “irresponsable”, alude a nomes e cargos concretos (fala dunha conta bancaria a nome de Guerra, pero tamén de contas que pertencen a cargos do partido no Concello de Vigo, coas que se quixo afiliar a outras 16 persoas). “Preguntámonos como fixo o COC para acceder e publicar esa información sen vulnerar as leis”, cuestionaron, en alusión á protección de datos.

Segundo a candidatura de Javier Guerra, é “moi lamentable” que o comité queira “sementar dúbidas cuns pagos legais con diñeiro privado, transparentes, reflectidos na contabilidade e aceptados polo Partido ata agora”, e advertiron de que “o verdadeiramente preocupante e grave sería, por exemplo, que se utilizase diñeiro ou recursos públicos para a campaña”.

Finalmente, esta candidatura anunciou que encargará unha auditoría independente para aclarar todos os aspectos relacionados con este proceso.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...