InicioPolíticaMarta Fernández-Tapias dará a batalla por presidir o PP da cidade

Marta Fernández-Tapias dará a batalla por presidir o PP da cidade

Polo momento, a da subdelegada da Xunta é a única candidatura que se postula para a carreira interna, se ben Javier Guerra xa anunciou que tamén o faría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentarase para presidir o PP da cidade tras o XIII Congreso Local que se celebrará o próximo 18 de decembro. En concreto, Fernández-Tapias avanzará máis detalles da súa candidatura nunha comparecencia ante os medios que se celebrará este mesmo domingo ás 12,30 horas nos xardíns de Montero Ríos.

O prazo de presentación de candidaturas abriuse xa o xoves e concluirá o 2 de decembro. Cada persoa que se postule a presidir o PP vigués deberá presentar 35 avais. Concluído o prazo de presentación, a campaña producirase desde o sábado 4 ao luns 13 decembro, cinco días antes do congreso do que sairá o novo líder do PP da cidade olívica . Asismismo, este xoves tamén quedou aberto o período de inscrición para os afiliados que queiran participar no congreso.

TRES ANOS DE INTERINIDADE

O PP vigués atópase actualmente dirixido por unha comisión xestora que encabeza a exalcaldesa Corina Porro, despois de que a anterior presidenta local do partido, a actual senadora Elena Muñoz, dimitise e abandonase o Concello polos malos resultados cultivados nas eleccións municipais de 2019.

Á parte de Fernández-Tapias, ninguén máis confirmou formalmente a súa intención de presentar candidatura, aínda que o exconselleiro e actual senador Javier Guerra confirmaba en pasadas datas que iniciara “contactos” coa militancia para fortalecer o partido.

Concretamente, Guerra (que xa en 2015 disputoulle a presidencia do partido en Vigo a Elena Muñoz e perdeu por un centenar de votos) púxose á fronte de “unha iniciativa de unidade” que representa “a voz da militancia”, nun movemento no que está acompañado polos concelleiros Teresa Egerique, Jesús Marco e Alfonso Marnotes, pola senadora Elena Muñoz e polo deputado Diego Gago.

ÚLTIMAS

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...