InicioSociedadeClases universitarias con realidade aumentada e comunicacións 5G?

Clases universitarias con realidade aumentada e comunicacións 5G?

Un proxecto piloto da UVigo ccombinou estas dúas materias de cara a impulsar a educación 4.0.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un proxecto piloto liderado pola empresa Orange e desenvolvido en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo) e a multinacional Capgemini, combinou a realidade aumentada e as comunicacións 5G para enriquecer as clases virtuais. Precisamente, os resultados do proxecto piloto 5G Galicia, enmarcado no Plan Nacional 5G que impulsa a entidade pública empresarial Rede.es, presentáronse este xoves en Vigo, segundo traslada a universidade.

Neste contexto, o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Manuel Ramos, explicou que esta inciativa mostra que “estas tecnoloxías permiten traer o futuro ao presente” e “os excelentes resultados que dá a colaboración público-privada”. A nova rede móbil 5G achega as vantaxes ligadas á educación 4.0 ás aulas universitarias ao facilitar clases virtuais nas que se combinan a realidade aumentada e as comunicacións 5G. Deste xeito, enriquécese a docencia con contidos avanzados para o estudantado que siga as clases de modo presencial ou telemático.

Durante a presentación tamén se realizou unha demostración práctica do caso de uso. En concreto, a tecnoloxía desenvolvida neste proxecto piloto leva a instalación nunha aula dunha cámara que grava en alta definición e, a través dun servidor, transmite en tempo real a sesión ao alumnado que se conecte por vía telemática.

Ademais, o persoal docente emprega lentes de realidade aumentada para mostrar e manipular un modelo 3D, o que o alumnado poderá visualizar no seu teléfono móbil en tempo real. Este mecanismo permite que os estudantes accedan a material que facilita a aprendizaxe de modo presencial ou en remoto.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...