InicioVigo e contornaVigoCaballero acusa á Xunta de "abusar contra o concello" a raíz dun...

Caballero acusa á Xunta de “abusar contra o concello” a raíz dun fallo do TSXG

Denuncia o "matonismo político" da administración autonómica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, achacou a unha lei da Xunta que “abusa contra o Concello” o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que avala o modelo de cofinanciamento de escolas infantís do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na cidade.

Tras ser preguntado este mércores polos medios nunha rolda de prensa, o rexedor afirmou que este fallo se debe a que o Goberno galego “fixo unha lei abusando contra o Concello” que el “non pode levar ao (Tribunal) Constitucional”. “Non lle dá a razón porque teña razón no que fai, dálle a razón porque hai unha lei que o di”, aseverou Caballero en alusión á Lei de servizos sociais de Galicia. Así, incidiu en que o Executivo autonómico “aprobou esa lei”, pero “quen paga” é o Concello de Vigo. “Hai unha lei que é matonismo político”, denunciou á vez que censurou que “os deputados do PP de Vigo vótena para que Vigo pague, en lugar de pagar a Xunta”.

En concreto, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avalou o modelo de cofinanaciación das escolas infantís e os centros de día tras desestimar o último recurso contencioso-administrativo presentado polo Concello olívico contra as liquidacións do Consorcio correspondentes á primeira metade do curso 2019-2020 nas escolas infantís de Valadares e rúa Palencia.

Nunha sentenza contra a que cabe recurso, o alto tribunal galego sinalou que “en Galicia a atribución aos municipios da prestación dos servizos sociais resulta clara” e lembrou que “se trata de competencias atribuídas como propias aos entes locais pola lexislación autonómica”. Ademais, recalcou que o Concello puido manifestar a súa intención de desvincularse do Consorcio, ao que se subscribiu de modo voluntario, polo que concluíu que a liquidación se axustaba á aplicación do réxime xurídico de cofinanciamento.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...