InicioPolíticaO Partido Comunista celebra en Vigo o seu centenario: "Miramos ao pasado...

O Partido Comunista celebra en Vigo o seu centenario: “Miramos ao pasado para empurrarnos cara ao futuro”

Participaron a secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia, Eva Solla, e Mauricio Valente, membro do secretariado do PCE.

PUBLICADO O

A secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia, Eva Solla, e Mauricio Valente, membro do secretariado do PCE, participaron este sábado no acto de conmemoración do centenario da organización, nun acto no que se reivindicou a necesidade de “mirar ao pasado” para “empuxarse cara ao futuro”.

O auditorio de Teis, en Vigo, acolleu este evento, no que se atoparon as xeracións máis novas e as maiores para dar testemuño da memoria de cen anos de traxectoria. Os valores do Partido Comunista de Galicia foron reivindicados como “a mellor ferramenta para facer fronte ás desigualdades que provoca o sistema”.

O evento estivo enmarcado nun ano de actividades en conmemoración dos cen anos que cumpre o Partido Comunista de España, como o certame de rap combativo, o de relato curto ou a exposición de Bernarda Espida, de Xavier Costa e outras moitas que foron organizadas no resto do Estado español. As distintas intervencións serviron para reivindicar a importancia histórica do partido no pasado e o papel que debe tomar no futuro.

Para Eva Solla, Secretaria Xeral do PCG, “a militancia é un exercicio de xenerosidade e solidariedade”. Por iso, expresou o seu agradecemento “a todas as persoas que deixaron a vida nestes cen anos na loita por facer un mundo mellor”.

Na súa Intervención, Mauricio Valente destacou que “se hai algo que destaca na historia do Partido Comunista, é a capacidade de adaptación, de aprendizaxe e de arraigamento social”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...