InicioSociedadeA apertura do novo centro de saúde de Bouzas está programada para...

A apertura do novo centro de saúde de Bouzas está programada para o 2 de novembro

A Xunta di que terá capacidade para atender 8.000 veciños e veciñas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O novo centro de saúde de Bouzas, en Vigo, abrirá as súas portas o 2 de novembro, con capacidade para atender a uns 8.000 veciños, e coa previsión de crecer en dotación de persoal ata chegar a 6 médicos/as e 6 enfermeiras/vos, ademais do persoal de servizos xerais.

Así o avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que esta nova infraestrutura empezará a funcionar cun médico, unha enfermeira e un traballador de servizos xerais polas mañás. A medida que aumente a demanda (son os propios pacientes os que teñen que pedir que se lles asigne este centro e, de momento, son 800 os que fixeron a xestión) triplicarase o persoal pola mañá, e posteriormente, ampliarase tamén para dar servizo polas tardes.

O titular do Executivo galego puxo en valor a construción do edificio, nunha parcela de pouco máis de 430 metros cadrados “coas limitacións que iso supón”, e integrado nun centro histórico singular, cumprindo as condicións impostas polos técnicos de Patrimonio.

Hoxe é un bo día para Vigo e para Bouzas, cúmprese unha vella aspiración (…). Tiñamos unha débeda con Bouzas, sabiámolo e había que pagala“, proclamou, á vez que agradeceu ao goberno local que mantivese a cesión da parcela.

Núñez Feijóo aproveitou a visita ao novo centro de saúde de Bouzas para reivindicar a aposta da Xunta pola Atención Primaria, e lembrou que o goberno autonómico construíu ou reformou, desde 2009, máis de 90 centros de saúde cun investimento total de 120 millóns de euros.

Ademais, subliñou, na área de Vigo investíronse 18 millóns de euros na construción ou remodelación de 12 centros de saúde. O presidente engadiu que, nos orzamentos galegos para o ano que vén, prevense 10 millóns de euros para os hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro (para reformas, equipamentos, posta en marcha de novas unidades, etc.); outros 12 millóns para o novo Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia nos antigos xulgados da rúa Lalín; e outros 7 millóns para construír ou ampliar ambulatorios no Porriño, Moaña ou Soutomaior.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...