InicioVigo e contornaVigo queda en 80 casos activos e oito persoas ingresadas

Vigo queda en 80 casos activos e oito persoas ingresadas

Unha delas está en UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia inicia arrinca a fin de semana tras a ponte do 12 de outubro cunha baixada dos contaxios tras notificarse 28 nas últimas 24 horas, 10 menos que no día anterior. Tamén descenden os pacientes ingresados por covid, 34, co que son catro menos; así como os casos activos, que quedan nos 451 –21 menos–. O mesmo ocorre coa taxa de positividade, no 0,88%.

Segundo os datos publicados este sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, continúan sete persoas hospitalizadas pola Covid en UCI e baixan a 27 os ingresados noutras unidades –catro menos—. Por áreas sanitarias, e como a xornada pasada mantense na área de Vigo, cun en UCI e sete noutras unidades.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 descenden ata os 451, 21 menos, ao haber menos contaxios (28) que altas (49), e ao non haber falecidos. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas de Santiago e Barbanza (+1), Pontevedra e O Salnés (+1) e Ferrol (+1), mentres que descenden na da Coruña e Cee (-5), Vigo (-7), Ourense (-6) e Lugo (-5).

Por tanto, a área da Coruña e Cee é a única por encima do centenar de casos e segue á cabeza co maior número de infeccións activas, 147; seguida pola de Vigo, con 80; Santiago e Barbanza, con 73; Ourense, con 65; Lugo, con 46; Pontevedra e O Salnés, con 28; e Ferrol continúa á cola, con 12.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– descende lixeiramente ata o 0,88%, tras repuntar a un 1,61 por cento o venres, caer ao 0,42% o xoves, situarse nun 0,95% o mércores e nun 2% o martes, despois de iniciar a semana cun 0,5%. Con todo, mantense por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia na Comunidade galega mantéñense en 2.646 tras non notificar Sanidade falecidos nas últimas 24 horas. Fronte a iso, 179.651 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse en toda Galicia desde o comezo desta crise sanitaria, que representan 49 máis que as contabilizadas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...