InicioSociedadeO comité da empresa de bus de Vigo impugnará os servizos mínimos...

O comité da empresa de bus de Vigo impugnará os servizos mínimos da folga de transporte

Denunciaron que o Concello incrementa aínda máis eses servizos mínimos "de modo encuberto", xa que obriga aos condutores que se atopan en ruta no momento dos paros a que finalicen dita ruta. Por iso, concluíron que os servizos mínimos elévanse ata o 80 % nalgúns casos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, denunciou este luns a vulneración do dereito á folga tras imporse uns servizos mínimos “abusivos”, con motivo dos paros parciais que convocaron a partir desta semana, para denunciar os incumprimentos do convenio por parte da empresa.

Os traballadores iniciaron este luns unha serie de paros parciais (entre 7.30 e 9.30, de 13.00 a 15.00 e de 19.00 a 21.00 horas, de luns a venres) para denunciar, entre outras cuestións, xornadas de 10 horas, modificación de condicións, e tempos escasos para cubrir as rutas. Segundo trasladaron, na primeira xornada de protesta os paros tiveron “un amplo seguimento”.

Con todo, criticaron os servizos mínimos establecidos e anunciaron que impugnarán o decreto do goberno local, segundo comunicou a CIG. O sindicato lamentou que eses servizos mínimos son do 60,8 %, superiores aos do 50 % que se aprobaron para a folga do pasado mes de agosto, e iso a pesar de que actualmente o aforamento permitido nos buses é superior ao de entón, e tendo en conta que son paros parciais e non folga total.

Por outra banda, denunciaron que o Concello incrementa aínda máis eses servizos mínimos “de modo encuberto”, xa que obriga aos condutores que se atopan en ruta no momento dos paros a que finalicen dita ruta. Por iso, concluíron que os servizos mínimos elévanse ata o 80 % nalgúns casos.

Deste xeito o goberno local impide o noso lexítimo dereito de folga cuns servizos mínimos desproporcionados que, ademais, están feitos á carta, que parece mesmo que os fixo a propia empresa“, denunciou o comité.

Así mesmo, apuntaron que o goberno local non consultou eses servizos mínimos cos representantes dos traballadores, “de igual maneira que o alcalde leva 7 anos negándose a recibir ao comité de de empresa”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...