InicioSociedadeDescobre a boa causa pola que vestiron as estatuas de Vigo

Descobre a boa causa pola que vestiron as estatuas de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cáritas e Koopera uniron forzas para defender o compromiso social e ambiental, e polo desenrolo sostible da sociedade. Denuncian que case 13 millóns de persoas en España, é dicir, máis dunha cuarta parte da poboación, están “en risco de exclusión social”.

Ademais, engaden a necesidade de “mudar o modelo de consumo actual, que explota ao planeta. 18.000 toneladas de residuo téxtil acaban no lixo cada ano. Hai que evitalo”.

Defenden, en suma, a compravenda de roupa de segunda man, para aforrar recursos. Grazas ao seu labor aparece a vantaxe engadida de colaborar na inserción social de persoas vulnerables. Por todo isto, vestiron as estatuas viguesas para chamar a atención dos cidadáns no mundo que lles rodea, no mundo que queren crear.

En Koopera aseguran xerar traballo social para 600 persoas na venda de roupa de segunda man, co aforro que este proxecto supón en emisións de CO2 e uso de auga. Poñen ao servizo dos cidadáns 1.800 contedores de roupa e 35 tendas Koopera Store.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...