InicioPolíticaAbel Caballero, a Almuíña: "é un señor sen peso político, fracaso pola...

Abel Caballero, a Almuíña: “é un señor sen peso político, fracaso pola súa xestión sanitaria”

Asegura que "non haberá tren a Bouzas", como si afirmou o presidente do Porto olívico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir este martes en que “non haberá tren a Bouzas” porque a conexión ferroviaria co Porto supón “romper a cidade”, e criticou duramente ao presidente do Porto olívico, Jesús Vázquez Almuíña, “un señor sen peso político” que “afundiu a Sanidade” e que “non sabe do que fala”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor respondeu así ás declaracións de Vázquez Almuíña, que nun foro empresarial nas últimas horas asegurou que o tren para conectar a terminal de Bouzas é “irrenunciable” para este organismo.

Caballero repetiu que nin a fábrica de Stellantis, nin os usuarios do Porto, nin a cidade nin o goberno local queren ese tren, e advertiu aos veciños de zonas como A Salgueira, Sárdoma, As Travesas, Coia ou Alcabre de que “a Xunta e o PP” queren un tren que atravese eses barrios. “Pero tranquilos, non se vai a facer, garántoo eu”, proclamou.

O alcalde foi especialmente crítico co presidente da Autoridade Portuaria, do que lembrou que “xa afundiu a Sanidade de Galicia” cando foi conselleiro e só hai unha xestión sanitaria peor que a súa, “a do actual conselleiro (Julio García Comesaña)”. “Isto é Feijóo, porque o presidente do Porto é un señor sen ningún peso político, fracasado dramaticamente pola súa xestión sanitaria”, afirmou.

Abel Caballero acusou a Vázquez Almuíña de pretender “ocupar” a terminal de Bouzas cunha praia de vías que só servirá para a importación de vehículos, e para “facerlle a competencia” a Stellantis. “É que dá a risa (…), non sabe do que fala”, lamentou, á vez que engadiu que “tampouco vai haber recheos” na ría.

ÚLTIMAS

O policía de Vigo acusado de violar a unha moza borracha: “Díxome ‘teño 19’ e bicoume”

O axente da Policía Local de Vigo que foi denunciado por unha suposta agresión...

Alonso Montero: O intelectual que uniu beiras e memoria

O falecemento de Xesús Alonso Montero deixa un baleiro incalculable na cultura galega, pero...

Recuperan un cadáver flotando fronte ao Auditorio Mar de Vigo

Os servizos de emerxencias recuperaron este luns un cadáver que apareceu flotando fronte ao...

A Xunta dá luz verde a 2.000 vivendas protexidas no Ofimático de Vigo

O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal ao proxecto de interese...