InicioSucesosUn detido en Vigo tras agredir á súa parella e ameazar a...

Un detido en Vigo tras agredir á súa parella e ameazar a un mozo por recriminarlle a súa actitude

O suposto agresor, en presenza dos policías, volveu ameazar ao mozo, chegando a afirmar de forma espontánea e "en actitude chulesca": "Agredín á miña parella, e que?".

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, D.F.C., de 44 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa parella na terraza dun establecemento e ameazar a un mozo que lle recriminou a súa actitude.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do martes, cando unha dotación que patrullaba pola Avenida de Emilio Martínez Garrido foi requirida por un mozo que se atopaba na terraza dunha cafetaría. Esta testemuña explicou que un home que estaba alí agredira a unha muller e que, ao tentar mediar e frear a agresión, ameazáralle e tentado golpealo a el.

O suposto agresor, en presenza dos policías, volveu ameazar ao mozo, chegando a afirmar de forma espontánea e “en actitude chulesca”: “Agredín á miña parella, e que?”.

A testemuña explicou aos axentes que, momentos antes, observara como o sospeitoso insultaba a unha muller e a collía polo cabelo, chegando a levantala e abaneala.

Por iso, levantouse da cadeira e afeoulle a súa actitude, pedíndolle que cesase na súa agresión. O outro home, en vez de deterse, encarouse con el, e ameazou con golpealo.

As testemuñas e a vítima confirmaron a versión do mozo que requiriu axuda da Policía, polo que os axentes procederon á detención do sospeitoso, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Rescatado o corpo sen vida dun home despois dun accidente co seu kaiak en Fornelos de Montes

Os Bombeiros do Porriño rescataron o corpo sen vida dun home tras sufrir un...

Máis de mil persoas de loito en Moaña para reclamar o regreso do PAC ao concello

Máis dun milleiro de persoas volveron a saír á rúa vestidas de loito no...

O PP vigués acusa ao Goberno local de non tomar nota por repetirse “os atascos monumentais” do pasado Nadal

O concelleiro do PP de Vigo Fernando G. Abeijón reprochou ao Goberno local que...

Arde un alboio en Gondomar sen que houbesen danos persoais

Un incendio calcinou por completo un alboio do lugar de Paraboa, na parroquia de...