InicioSociedadeTráfico intenso en varias vías da provincia na operación especial do 15...

Tráfico intenso en varias vías da provincia na operación especial do 15 de agosto

A DGT prevé máis de 590.000 desprazamentos en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé máis de 593.000 desprazamentos na rede viaria do noroeste, na que se inclúe Galicia, no marco da operación especial do 15 de agosto, que comeza este venres 13.

Segundo os datos difundidos pola DGT, recollidos por Europa Press, entre as 15,00 horas do 13 de agosto e as 24,00 horas do luns 16 espérase que as estradas do noroeste de España rexistren un nove por cento dos 6.590.000 movementos previsto na rede viaria estatal.

No caso concreto de Galicia, a DGT avisa de que as estradas afectadas con maior intensidade de tráfico nesta operación especial serán a AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550.

Por provincias, avisa dunha trintena de puntos conflitivos na rede viaria galega, a maioría nas provincias da Coruña e Pontevedra, como o acceso ás cidades e zonas costeiras como a praia da Lanzada en Sanxenxo.

Polo seu lado, nas estradas das provincias de Lugo e Ourense alerta de puntos conflitivos na zona do Alto do Fiouco na A-8, así como no acceso a praias na primeira; e na entrada á capital ourensá, na segunda.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...