InicioCulturaO Marisquiño 2021 chegou a 56 países vía 'streaming' na súa edición...

O Marisquiño 2021 chegou a 56 países vía ‘streaming’ na súa edición máis atípica

"Estes datos permitiron multiplicar o impacto do festival en todo o mundo", recalcaron os organizadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A edición de 2021 do festival O Marisquiño de Vigo chegou a máis de medio centenar de países grazas ás retransmisións das probas en directo por internet, e a súa organización deu por conseguidos os seus obxectivos na edición máis atípica do certame, na que a seguridade e as medidas de prevención ante a Covid marcaron o desenvolvemento de todos os actos.

Así, os seus impulsores empezaron a traballar xa na edición de 2022, coa expectativa de que se poida celebrar nun contexto de normalidade, e despois dunha edición na que, por primeira vez na súa historia, o festival celebrouse con aforamento reducido, recintos pechados e sen os postos de comida ou venda de produtos que daban ambiente cada ano ao evento e reunían a decenas de miles de persoas na contorna da zona portuaria do centro de Vigo.

Con respecto á edición deste ano, que tivo lugar o pasado fin de semana, a organización destacou o éxito “dadas as limitacións de aforamento” e o estrito cumprimento das medidas de seguridade sanitaria. Así, este 2021 o límite de público eran 5.000 persoas, cando antes da pandemia concentrábanse no recinto unhas 150.000.

Por outra banda, tamén fixo énfase no “alto nivel deportivo” das probas, coa presenza, entre outros deportistas, do subcampión olímpico de BMX Freestyle Daniel Dhers; ou os ‘skaters’ Ryan Decenzo, Julia Benedetti, Danny León e Jaime Mateu.

As limitacións de acceso ao público compensáronse con retransmisións televisivas, así como con conexións á retransmisión en directo por parte de varios medios deportivos a nivel nacional. A retransmisión en directo por internet foi seguida en 56 países, e rexistráronse 10.000 horas de visualizacións de contido relacionado co festival.

En redes sociais, a difusión do evento chegou a 3 millóns de persoas, con 10 millóns de impresións xeradas, 100.000 interaccións con contido relacionado co Marisquiño e un crecemento do 12 % de audiencia nos perfís das redes sociais do propio festival. “Estes datos permitiron multiplicar o impacto do festival en todo o mundo”, recalcaron os organizadores.

FUTURO “CON OPTIMISMO”

“Todo isto fai que a organización do Marisquiño vexa o futuro do evento con optimismo e espera que a partir do mes de setembro se poidan negociar acordos coas institucións que apoian o festival para dar unha garantía de continuidade ao mesmo, polo menos para o próximos tres anos”, apuntaron e expresaron o seu desexo de incrementar tamén os apoios privados, que se viron “resentidos” polos efectos da pandemia.

O Marisquiño prevé recuperar en 2022 una das Copas do Mundo que non se puido celebrar este ano, o FMB Gold de Dirt Jump, e manterá as probas de ‘skate’ e BMX. Así mesmo, prevé tamén poder recuperar os concertos e a afluencia masiva de público, á vez que confirma que manterá a gratuidade do evento.

ÚLTIMAS

Entra en prisión provisional o detido pola agresión sexual a un menor nos baños do Vialia

A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo, en funcións de garda,...

Evacúan en helicóptero unha muller que visitaba as Illas Cíes tras sufrir un grave problema de saúde

Unha muller de 56 anos e nacionalidade portuguesa foi evacuada este sábado en helicóptero das Illas Cíes,...

A conselleira do Mar destaca o papel do Cetmar na innovación mariña e a sustentabilidade do sector pesqueiro

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou esta semana na reunión do Padroado do Centro Tecnolóxico...

O Hospital Álvaro Cunqueiro celebra dez anos como “referente” da sanidade pública galega, segundo Rueda

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo conmemorou este venres o décimo aniversario da súa posta en funcionamento cun...