InicioSociedadeO embaixador de Perú realizará unha ofrenda floral ante a placa dedicada...

O embaixador de Perú realizará unha ofrenda floral ante a placa dedicada ás vítimas do Pitanxo no Porto de Vigo

Segundo informou María José de Pazo, portavoz dos familiares das vítimas do pesqueiro galego naufragado en 2022 en augas de Terranova (Canadá), a homenaxe realizarase a partir das 13.00 horas fronte ao edificio Virxe do Carme, situado no Porto de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, realizará este domingo unha ofrenda floral xunto á placa dedicada ás vítimas mortais do ‘Villa de Pitanxo’, en respecto aos falecidos no mar. Segundo informou María José de Pazo, portavoz dos familiares das vítimas do pesqueiro galego naufragado en 2022 en augas de Terranova (Canadá), a homenaxe realizarase a partir das 13.00 horas fronte ao edificio Virxe do Carme, situado no Porto de Vigo. Ao acto asistirán familiares e amigos dos falecidos na traxedia, segundo engadiu. “Desde o colectivo das familias das vítimas do ‘Villa de Pitanxo’ queremos trasladar o noso agradecemento ante este xesto tan significativo”, subliñou, dando grazas tamén á Autoridade Portuaria de Vigo e á Comandancia Naval por organizar o acto.

ÚLTIMAS

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...