InicioSucesosDous identificados pola comisión de máis dunha trintena de estafas por Internet

Dous identificados pola comisión de máis dunha trintena de estafas por Internet

Fontes policiais detallaron que os feitos se produciron cando as vítimas observaron anuncios nos que se ofertaban electrodomésticos e mobiliario para o fogar a prezos moi competitivos en Internet e adquiríronos por prezos de entre 70 e 200 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional identificou a dous homes con nacionalidade española residentes en Málaga pola suposta comisión de máis dunha trintena de estafas por Internet.

Fontes policiais detallaron que os feitos se produciron cando as vítimas observaron anuncios nos que se ofertaban electrodomésticos e mobiliario para o fogar a prezos moi competitivos en Internet e adquiríronos por prezos de entre 70 e 200 euros.

Para efectuar o pago, as vítimas utilizaron o seu cartón de crédito a través do portal da páxina web ‘Marketwild’, pero non recibiron os produtos adquiridos.

Mediante labores de investigación levadas a cabo pola Unidade de Delitos Económicos e Fiscais (UDEF) da Comisaría de Vigo, identificouse a dous homes dos que un contaba con máis dunha trintena de antecedentes como os presuntos autores desta estafa en masa, que se estende por distintas localidades de toda España como a urbe olívica, Madrid, Ourense, Ribeira, Cádiz, Sevilla, Marbella, Granada e Jerez de la Frontera.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...