InicioSociedadeMáis de 70 equipos participarán esta fin de semana no Rally Recalvi...

Máis de 70 equipos participarán esta fin de semana no Rally Recalvi Rías Baixas

Fan un chamamento á responsabilidade hixiénico- sanitaria e de seguridade viaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 70 equipos participarán no Rally Recalvi Rías Baixas, que terá lugar entre este venres e este domingo. Precisamente, a nova edición da competición foi presentada este luns na cidade olívica polo secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, que valorou que a Escudería Rías Baixas retomase a súa organización tras suspenderse o pasado ano debido á pandemia da covid-19 e destacou a súa incorporación á Copa de España de ralis de asfalto.

Neste sentido, asegurou que “o peso da automoción galega é clave para o crecemento económico” da comunidade, unha “conexión” que afirmou que “se reproduce a nivel deportivo”. “O motor galego é un foco de talento indiscutible, tanto no que se refire a a práctica deportiva como á organización de probas como este Rally Recalvi Rías Baixas”, remarcou.

Deste xeito, puxo o foco en “a súa referencia nacional e internacional no asfalto”, a “pericia” dos seus pilotos, “a excelencia das súas organizacións” e a “entrega” do público, que permiten que as probas sexan “exemplos” de “competición”, “excelencia” e “seguridade”.

Así mesmo, Lete Lasa e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fixeron un chamamento á responsabilidade individual e colectiva para colaborar coa organización da proba e permitir o seu desenvolvemento coas máximas garantías hixiénico-sanitarias e de seguridade viaria. Adicionalmente, lembraron ao que fose vicepresidente da Escuadra e ao que este ano se dedica este rali, Paco Alegre.

ÚLTIMAS

Recuperan un cadáver flotando fronte ao Auditorio Mar de Vigo

Os servizos de emerxencias recuperaron este luns un cadáver que apareceu flotando fronte ao...

A Xunta dá luz verde a 2.000 vivendas protexidas no Ofimático de Vigo

O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal ao proxecto de interese...

Folga indefinida en Alten en Nigrán contra despedimentos e “chantaxes” tras o conflito pola cesión ilegal en BorgWarner

Empregados de Alten, empresa que traballa para a auxiliar automobilística BorgWarner, iniciaron este luns...

O Concello de Vigo impulsa a declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Internacional

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción presentada polo PP...