InicioVigo e contornaVigoO alcalde de Vigo acusa á Xunta de "querer negocio" para a...

O alcalde de Vigo acusa á Xunta de “querer negocio” para a concesionaria do Hospital Cunqueiro co seu aparcadoiro

Di que a cidadanía "non pode pagar" por estacionar o seu vehículo "nun hospital que esta a 8 quilómetros do centro" da urbe olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, de “querer negocio” para o propietario maioritario da concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, o fondo francés Meridiam, co seu aparcadoiro.

En rolda de prensa, o rexedor olívico insistiu en que o Concello busca construír outro estacionamento nun emprazamento dotado con “400 ou 500 prazas que sexan gratis” próximo ao hospital nun terreo cuxa titularidade corresponde ao Goberno galego, pero censurou que este último “non lle venda o chan”.

Abel Caballero achacou esta situación a que “o conselleiro e o presidente queren negocio” para o fondo francés, que “obtén benefecio dos aparcadoiros do hospital”.

Así as cousas, reprobou que o titular de Sanidade presuma de que o estacionamento do centro sexa “de pago” mentres “hai á beira un gratis do Concello”. Así, incidiu en que a cidadanía “non pode pagar” por estacionar o seu vehículo “nun hospital que esta a 8 quilómetros do centro” da urbe olívica.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...