InicioSociedadeA Illa de San Simón rende homenaxe ás vítimas do franquismo, co...

A Illa de San Simón rende homenaxe ás vítimas do franquismo, co foco na loita das mulleres

Iniciativa Galega pola Memoria organiza para o 18 de xullo, e coma todos os anos, un acto pola "dignidade das persoas que sufriron unha violencia extrema en San Simón nos 7 anos nos que foi un duro campo de concentración e represión franquista". Ademais, a organización lanza unha mensaxe á Xunta por "converter a Illa nun parque de atraccións".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) organiza un ano máis a Homenaxe Nacional ás vítimas do franquismo en San Simón, un acto no que particiarán arredor de 300 persoas chegadas desde todos os puntos da xeografía galega. Terá lugar o vindeiro 18 de xullo. Segundo indican nun comunicado, a organización coidará estritamente o cumprimento de todos os protocolos sanitarios, tanto nas viaxes en barco como nas actividades que se desenvolverán na illa.

A homenaxe, explican, ten “un claro contido reivindicativo”, para denunciar que “este é o
único acto que se celebra anualmente en San Simón en relación coa memoria histórica”. Desde a IGM reclaman a recuperación do proxecto da Illa da Memoria e a aprobación dun Plan de usos que garanta o desenvolvemento dun programa de actividades “público, continuado no tempo, que teña como eixo central a memoria histórica, e que sexa respectuoso coas vítimas e coas súas familias”.

Segundo a organización, a Xunta “converteu a Illa nun parque de atraccións”, no que se desenvolven sobre todo actividades lúdicas e recreativas, organizadas por empresas privadas, de carácter lucrativo, e que “en moitos casos poden resultar pouco respectuosas coa dignidade das persoas que sufriron unha violencia extrema en San Simón nos 7 anos nos que foi un duro campo de concentración e represión franquista (de 1936 a 1943)”, lembra a Iniciativa Galega pola Memoria.

O acto central desta edición ten como finalidade recoñecer a loita solidaria das
mulleres da contorna e contará coa intervención da escritora Eva Mejuto, autora do libro As lavandeiras de San Simón (Xerais). Tamén se fará un recoñecemento expreso á loita pola recuperación do Pazo de Meirás, coa intervención de Carlos Babío, portavoz da Iniciativa Defende Meirás e coautor do libro ‘Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio’.
A parte musical corre a cargo da cautautora Sheila Patricia, coa colaboración especial de Xulia María Barros.

ÚLTIMAS

Calor sufocante e frío extremo nas dependencias da Policía de Vigo

Os sindicatos JUPOL e CSIF denunciaron ante a Inspección de Traballo a situación que...

Vigo mantén “vixilancia máxima” nas súas zonas forestais para previr incendios

O Concello de Vigo mantén activa a "vixilancia máxima" en zonas forestais da cidade...

Falece Jaime Cagiao, fillo de Carmen Avendaño e referente da asociación Érguete

O vigués Jaime Cagiao, un do cinco fillos da fundadora da asociación Érguete, Carmen...

Remolcan unha embarcación fronte ás illas Cíes que quedou sen propulsión con 11 persoas a bordo

Salvamento Marítimo remolcou a pasada noite a embarcación de pasaxe 'Salacia', que quedou sen propulsión fronte á...