InicioSucesosDetido en Vigo por ameazar cunha pistola a varios veciños no Freixo

Detido en Vigo por ameazar cunha pistola a varios veciños no Freixo

A arma, do calibre 38, estaba "operativa" e "puido ser utilizada con anterioridade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 34 anos de idade, como presunto autor dun delito de ameazas, tras usar un revólver para intimidar a varias persoas no Freixo.

Segundo confirmaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado sábado, cando o 091 recibiu un aviso sobre a presenza dun home armado que estaba a ameazar persoas na asociación de veciños do Freixo.

Unha dotación trasladouse ao lugar e entrevistouse coas testemuñas, que relataron que o sospeitoso se presentou no local cun arma de fogo, e mostrando unha actitude moi violenta e intimidatoria coas persoas alí presentes. Varios deles forcexaron con el ata sacarlle o revólver e, aínda que tentaron retelo ata a chegada da Policía, o home logrou zafarse e fuxir en coche a gran velocidade.

Estas testemuñas tamén informaron os axentes de que non era a primeira vez que esa persoa mantiña esa actitude, e que nunha ocasión anterior ameazara a varias persoas cunha barra de ferro. De feito, o sospeitoso ten prohido o acceso ás instalacións da entidade veciñal.

DETENCIÓN

Mentres a dotación de Policía Nacional realizaba esta xestión, recibiu un aviso da sala do 091, sobre unha forte discusión entre unha muller e o seu fillo nun domicilio próximo e, ante a sospeita de que puidese tratarse do mesmo home, os axentes dirixíronse cara alí.

Unha vez na vivenda, identificaron o sospeitoso e confirmaron que se trataba do autor das ameazas anteriores, polo que procederon á súa detención. Ademais, ao cachealo, os axentes atoparon agochada entre a súa roupa unha importante cantidade de marihuana.

A Policía tamén se incautou da arma, un revólver do calibre 38, moi oxidado, coa marca e o número de serie borrados, aínda que o canón non estaba obstruido. De feito, fontes policiais apuntaron que a arma “está operativa e puido ser utilizada con anterioridade, tal e como figura no informe técnico policial efectuado por peritos de Policía Científica de Vigo”.

O detido, que conta con varios antecedentes policiais, pasou a disposición do xulgado de instrución de garda na cidade olívica.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...