InicioSucesosRecuperadas dúas cobras e un paxaro exótico achados en domicilios de Vigo

Recuperadas dúas cobras e un paxaro exótico achados en domicilios de Vigo

O paxaro era unha cotorra cunha argola con numeración na pata, polo que se localizou ao propietario e procedeuse á entrega da ave.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo recuperaron nos últimos días dous culebras localizadas en vivendas da cidade olívica, así como un paxaro exótico –concretamente unha cotorra– achado no xardín dunha vivenda.

A Policía Local informou de que o primeiro animal foi atopado sobre as 17,20 horas do sábado no garaxe dunha casa de Camiño do Cocho. Así, os axentes constataron que se trataba dunha cobra bastarda, que foi capturada e devolta ao seu hábitat.

Posteriormente, ás 16,20 horas do domingo, acudiron a outro domicilio en San Paio de Navia, onde un veciño atopara unha cobra de aproximadamente un metro de longo. A serpe estaba enredada nunha rede do xardín, polo que foi recollida e devolta ao seu hábitat.

Finalmente, pouco antes das 17,00 horas deste martes unha persoa indicou que atopara un paxaro exótico no xardín da súa casa, na rúa Parachan. Tratábase dunha cotorra cunha argola con numeración na pata, polo que se localizou ao propietario e procedeuse á entrega da ave.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...