InicioDestacadasA 'aceleradora' de CoLogistics busca emprendedores para mellorar loxística e cadeas de...

A ‘aceleradora’ de CoLogistics busca emprendedores para mellorar loxística e cadeas de subministración na eurorrexión

A Xunta anima a usar fondos Next Generation para transformar o sector no ámbito da dixitalización e da sustentabilidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ‘aceleradora’ do proxecto CoLogistics, impulsado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), organizacións empresariais do Norte de Portugal, Xunta e outros organismos, abre esta semana o prazo para presentar ideas innovadoras que axuden a mellorar a loxística e fortalecer as cadeas de subministración na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, co obxectivo de crear polo menos 20 empresas neste ámbito.

Así o trasladou o presidente da Confederación de Empresarios da provincia de Pontevedra, Jorge Cebreiros, no acto de presentación da CoLogistics Business Accelerator (CBA), unha iniciativa no marco do proxecto CoLogistics, que busca “solucións innovadoras” para este sector, e cuxo prazo de presentación de candidaturas pecharase o próximo 31 de xullo.

Segundo explicou Cebreiros, esta ‘aceleradora’, que terá convocatoria simultánea en Galicia e en Portugal, ten “un dobre obxectivo”, por unha banda achegar melloras ao sector e, por outro, apoiar proxectos e iniciativas de emprendimiento que cheguen a consolidarse, coa idea de que se xeren polo menos 20 empresas.

Os participantes na CBA deberán achegar os seus coñecementos e ideas en ámbitos como a robótica, a creación de ‘xemelgos dixitais’, os sistemas de intercambio de información, a xeolocalización, etc. Nese sentido, os proxectos que se presenten deberán tratar de responder os “retos” expostos por unha serie de empresas “tractoras” do sector, como Altia, Coca-Cola, Codisoil, Altrans, Deltacargo, Marsan ou Selmark, entre outras.

Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuíña, puxo en valor que esta iniciativa reforce a colaboración entre empresas e entidades de Galicia e do Norte de Portugal, entre a iniciativa pública e a privada, e subliñou que o proxecto CoLogistics debe buscar non só o aumento da competitividade no sector, senón tamén a “diminución do impacto ambiental”.

Mentres, o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, subliñou que a Confederación de Empresarios e as entidades e empresas que participan neste proxecto están a saber “anticiparse” aos retos dun sector que supón o 4 % do PIB en Galicia e que inclúe a máis de 50.000 empresas, a gran maioría pemes.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...