InicioPolíticaMarea de Vigo pide ao Concello que apoie liberar as patentes das...

Marea de Vigo pide ao Concello que apoie liberar as patentes das vacinas da covid

A concelleira da formación remarcou que esta iniciativa xorde porque "existe unha grave falta vacinación nos países empobrecidos, froito da utilización das vacinas como unha mercadoría máis".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Marea de Vigo presentou unha moción para que o pleno do Concello de Vigo apoie a liberalización das patentes das vacinas contra a covid-19 e para instar a Xunta a que garanta o acceso a estas en Galicia “a todas as persoas en igualdade de condicións, conforme a criterios científicos”, facilitando “o acceso sinxelo aos habitantes do medio rural”.

A concelleira da Marea de Vigo remarcou que esta iniciativa xorde porque “existe unha grave falta vacinación nos países empobrecidos, froito da utilización das vacinas como unha mercadoría máis”. Neste sentido, subliñou que “é necesario frear a defensa da industria privada fronte ao benestar da cidadanía”.

En concreto, a moción da Marea reclama que o pleno de Vigo apoie que as vacinas e os tratamentos contra as pandemias se consideren “un ben público de acceso universal”, de forma que as patentes non dificulten “a accesibilidade ou a dispoñibilidade de calquera vacina ou tratamento para a covid”.

Ademais, propón instar o Goberno español a que manifeste “clara e explicitamente o seu apoio á exención de patentes de vacinas” e a “promover e defender, por todos os medios, dita exención en todos os organismos europeos e mundiais, así como a repartición xusta das mesmas e un control sobre as subministracións de materias primas”.

Tamén chama a que o Goberno central e a Xunta reforcen as políticas comúns en materia de saúde; a que a Unión Europea se sume á solicitude de apertura de patentes levada a cabo por India e Sudáfrica; e a que se inste á Axencia Europea do Medicamento “a tomar unha decisión de forma inmediata sobre a autorización de todas a vacúas fronte ao covid dispoñibles”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...