InicioSociedadeVigo contrata por 415.000 euros a redacción do proxecto dos ascensores do...

Vigo contrata por 415.000 euros a redacción do proxecto dos ascensores do miradoiro HALO

O prazo de execución desta conexión, unha vez adxudicada a obra, será de 12 meses e o Concello estima un investimento de 7,21 millóns de euros, que se tramitará "a través de fondos europeos", segundo sinalou Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de Goberno Local de Vigo aprobou a contratación, por 415.000 euros, dos servizos de estudo previo, redacción do proxecto, dirección facultativa para a construción dos ascensores que unirán a zona de García Barbón co complexo intermodal de Urzáiz e con Vía Norte, coñecido como o proxecto HALO.

Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, os gañadores do concurso de ideas para facer esta conexión (que inclúe un miradoiro circular a 42 metros de altura) deberán facer os estudos previos e os proxectos básico e de execución da obra. “Inmediatamente despois”, explicou o rexedor, tramitarase a licitación e adxudicación da obra.

A obra contempla dous elevadores que conectarán Serafín Avendaño por detrás das torres de García Barbón cun miradoiro elevado e, sobrevoando a autoestrada, farase unha pasarela que levará á gran praza pública do centro Vialia.

O prazo de execución desta conexión, unha vez adxudicada a obra, será de 12 meses e o Concello estima un investimento de 7,21 millóns de euros, que se tramitará “a través de fondos europeos”, segundo sinalou Caballero.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...