InicioSociedadeO Porto de Vigo xa forma parte da rede de espazos cardioprotexidos

O Porto de Vigo xa forma parte da rede de espazos cardioprotexidos

Segundo o acordo asinado, o 061 encargarase de formar ao persoal voluntario e tamén de realizar un estudo das instalacións portuarias para determinar a mellor localización dos desfibriladores externos semiautomáticos.

PUBLICADO O

O Porto de Vigo unirase á rede galegas de espazos cardioprotegidos e contará con voluntarios formados en técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), así como no uso de desfibriladores, en virtude dun convenio asinado este martes entre o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuíña, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Segundo o acordo asinado, o 061 encargarase de formar ao persoal voluntario e tamén de realizar un estudo das instalacións portuarias para determinar a mellor localización dos desfibriladores externos semiautomáticos.

O conselleiro de Sanidade lembrou que, cada ano, prodúcense en Galicia unhas 800 paradas cardíacas e, a maioría delas, fóra dos hospitais, en presenza de persoas que non teñen preparación para dar asistencia. Por iso, destacou a importancia de dar á poboación unhas nocións básicas sobre técnicas de reanimación e incidiu en que un RCP “a tempo” pode supor a diferenza entre a vida e a morte.

García Comesaña lembrou que Galicia é “pioneira” na posta en marcha de espazos cardioprotegidos e que, desde o 2016, conta co programa ‘Acode e axuda’, un programa de asistencia precoz que ten persoal voluntario formado para manexar desfibriladores. Actualmente, esta iniciativa dispón de 500 voluntarios inscritos e uns 2.100 dispositivos instalados.

Pola súa banda, o presidente do Porto, Jesús Vázquez Almuíña, puxo en valor que os traballadores do organismo portuario vaian recibir formación para que tanto a terminal viguesa como a súa contorna sexan espazos “máis seguros” e para poder contribuír a “reducir a mortalidade extrahospitalaria”.

CRIBADO

O conselleiro e o presidente da Autoridade Portuaria asinaron este convenio pouco despois de visitar o porto pesqueiro, onde este martes se desenvolveu un segundo cribado entre traballadores de empresas que operan na terminal.

Así, estaba prevista a participación dunhas 500 persoas nestas probas, que son a continuación do cribado realizado hai unha semana no Mercado do Porto. Nesa ocasión, tras realizarse algo máis de 900 test, confirmáronse 21 casos positivos de Covid-19.

García Comesaña subliñou que Galicia está “por encima da media” española no que respecta á realización de probas diagnósticas, e iso sen contar o test de saliva que se practican en residencias, nalgúns municipios e en colaboración coas farmacias da provincia de Pontevedra e A Coruña (desde este mércores), ás que se sumarán en próximos días as de Lugo e Ourense.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...