InicioSociedadeDetido en Vigo por "sobar" e tentar baixarlle os pantalóns a unha...

Detido en Vigo por “sobar” e tentar baixarlle os pantalóns a unha muller na rúa

A vítima foi levaba en ambulancia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un home de 32 anos de idade, N.E.D., como presunto autor dun delito de agresión sexual tras ter supostamente sobado a unha muller na vía pública e tentarlle baixar os pantalóns. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron pouco antes da medianoite do pasado venres, cando o 092 recibiu un aviso para dirixirse á rúa Couto Piñeiro. Alí, segundo varias testemuñas, atopábanse un home e unha muller baixo os efectos do alcol ou dalgunha outra sustancia.

Os demandantes do servizo explicaron á Policía que a muller se atopaba vomitando, á vez que trataba de zafarse do home, que “a apalpaba”, gritándolle que se fose e que xa non eran parella. No lugar presentouse unha dotación policial, que localizou ao home e á muller, ambos tendidos no chan. Así, tiveron que espertar á muller que, ao decatarse da presenza dos axentes, comezou a gritar nerviosa e a dicir que un home tentara forzala, solicitando que chamasen ao seu marido.

A Policía solicitou unha ambulancia para atender á muller, viguesa de 45 anos de idade e, tras unha primeira valoración, os servizos médicos apreciaron que tiña un hematoma no pómulo esquerdo, unha erosión na orella do mesmo lado e unha ferida na pálpebra dereita, así como unha hemorraxia nasal. A muller explicou ao persoal médico que o sospeitoso tentara baixarlle os pantalóns varias veces e que ambos forcexearan. Por iso, decidiuse o seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro para unha exploración máis exhaustiva.

Pola súa banda, o home relatou aos axentes que coñecera á muller hai uns meses e que esa mesma tarde saíran a tomar algo xuntos, en compañía do marido dela. No entanto, tras escoitar a versión da muller, que foi apoiada polas testemuñas, os axentes procederon á detención do home por un suposto delito de agresión sexual.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...