InicioSociedadeArquivada a denuncia do vigués contra a xuíza que se negou a...

Arquivada a denuncia do vigués contra a xuíza que se negou a casalo por ir caracterizado como Jack Sparrow

O xulgado entende que "non se desprenden feitos con relevancia penal" na actuación da maxistrada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 8 de Vigo acordou o arquivo da denuncia interposta por un vigués ao que a xuíza do Rexistro Civil impediu casar por estar disfrazado, xa que “non se desprenden feitos con relevancia penal” na actuación da maxistrada.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuíz de instrución declinou enviar a causa ao alto tribunal galego (ao que correspondería investigar á xuíza denuncia, ao ser aforada) por non haber indicios de que se cometeu un delito.

En todo caso, no seu auto de arquivo tamén aclara que a reclamación deste veciño tampouco cumpre os requisitos formais para presentarse a través dunha querela.

Berto Carreira e a súa parella María tiñan cita para casar a pasada semana no Rexistro Civil de Vigo e acudiron ao xulgado caracterizados: el vestido de pirata ‘Jack Sparrow’ (con chapeu, perruca e os ollos pintados de escuro) e ela cun traxe tradicional galego. Pero o matrimonio non puido celebrarse pola negativa da xuíza a oficiar a cerimonia.

A partir de aí, as versións sobre o ocorrido son dispares. Segundo o noivo, prohibíuselle casar a pesar de que se ofreceu a quitarse a perruca e o chapeu e, de feito, ademais de denunciar á xuíza confirmou que, dado que o seu expediente matrimonial segue aberto e só debe fixar outra data, volverá tentalo.

Por outra banda, fontes xudiciais aclararon que o matrimonio non se celebrou por motivos de seguridade, xa que o noivo non estaba plenamente identificable e non accedeu a quitarse os complementos do disfrace e a lavarse a cara.

As mesmas fontes lembraron que un matrimonio civil é un acto xurídico “solemne” e, por tanto, debe abordarse co debido decoro, tanto por parte dos contraentes como dos funcionarios. En todo caso, a negativa a celebrar esta voda debeuse a motivos de seguridade, xa que outros noivos que ían caracterizados (de ‘cazafantasmas’ e de Caperucita e Lobo) si puideron casar no Rexistro Civil de Vigo, despois de desposuírse dos complementos que podían impedir a súa plena identificación.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide 20 anos de internamento psiquiátrico para o asasino de Lavadores

A Fiscalía pide 20 anos de internamento psiquiátrico para Juan D.E., ao que considera...

Dous detidos en Vigo por roubo e uso fraudulento de cartóns bancarios subtraídos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron nos últimos días a dous...

O Porto de Vigo aborda a caducidade da concesión de Estaleiros San Enrique tras incumprimentos no plan industrial

O Consello de Administración do Porto de Vigo abordará na súa reunión deste venres...

O TSXG confirma tres anos e medio de cadea para un home que agrediu sexualmente a unha muller con discapacidade intelectual

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de 3 anos...