InicioSucesosDous detidos en Vigo por roubo e uso fraudulento de cartóns bancarios...

Dous detidos en Vigo por roubo e uso fraudulento de cartóns bancarios subtraídos

Unha das investigacións iniciouse despois de que unha muller denunciou ser vítima dun roubo polo método do 'tirón', mentres camiñaba por unha rúa de Teis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron nos últimos días a dous homes, como presuntos autores de senllos roubos e polo uso fraudulento dos cartóns que subtraeran.

Segundo informaron fontes policiais, unha das investigacións iniciouse despois de que unha muller denunciou ser vítima dun roubo polo método do ‘tirón’, mentres camiñaba por unha rúa de Teis.

A pesar de que o ladrón a tirou ao chan, a muller puido observar as súas características físicas, así como o coche no que se subiu de copiloto para fuxir do lugar.

Con estes datos, a Policía puido identificar ao delincuente, que foi localizado o pasado 20 de xaneiro na zona do Calvario, onde foi detido.

Durante as pescudas, a Policía puido comprobar que o sospeitoso realizara pagos fraudulentos cos cartóns que lle roubou á vítima, polo que lle atribúe os delitos de roubo con violencia e estafa.

Por outra banda, o pasado 25 de xaneiro, a Policía detivo a outro home, tras recoñecelo realizando un pago fraudulento cun cartón subtraído a un repartidor o día anterior.

O transportista denunciara o 23 de xaneiro un roubo na súa furgoneta, de onde lle subtraeron unha mochila con aveños persoais, documentación e varios cartóns bancarios. Estas últimas foran utilizadas para efectuar pagos en distintos establecementos da cidade.

Con estes datos, os axentes da Brigada Local de Seguridade Cidadá lograron identificar rapidamente o home que estaba a facer uso indebido dos cartóns subtraídos e procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...